Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Quiroga (comarca) / Ribas de Sil
Parroquia: Santa María de Nogueira
Lugar: Barreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

A Mina da Borrén é unha explotación a ceo aberto de grandes dimensións para o beneficio do mineral aurífero. Trátase dunha mina sobre xacemento secundario, en aluvión, que contén ouro libre.

A extracción realizouse nun primeiro momento mediante o sistema de lavados superficiais. Este sistema consiste en facer pasar sobre o xacemento a auga captada corrente arriba, lavando os sedimentos e seleccionando o mineral. Desta fase aprécianse as murías, que son acumulacións de cantos rodados que realizaban cando escavaban as canles e nos lavados posteriores. A murías atópanse dispostas no eixo Leste-Oeste marcando a localización da canle de lavado, onde por decantación separaban a partículas do mineral.

Posteriormente, e a medida que a cota aumenta, empréganse técnicas de extracción máis complexas, como son as cortas de arrastre e as cortas de minado (Ruina montium). Este último sistema caracterízase polo abatemento progresivo de grandes masas de terreos aluviais mediante o uso combinado da auga e un sistema subterráneo de pozos e galerías. Aínda que actualmente non se aprecian restos das canles de conducción da auga cara as frontes de explotación, suponse que estas partían do Regato de Cabana localizado ao sur do complexo mineiro.

Son apreciables numerosas frontes de explotación e novas acumulacións de cantos rodados (murias) en cotas superiores constatando as distintas fases de explotación da mina.

A derradeira fosa de extracción da mina está situada na cota máis alta e é a que se atopa máis transformada por mor da construcción do campo de tiro, a estrada e a labra agrícola.

Os sistemas de extracción nesta mina son claramente romanos, adcribindo culturalmente a explotación ao período Imperial Romano, concretamente entre os séculos I – II d.C.

A chegada dos romanos ó noroeste peninsular supuxo un profundo cambio nos modos de vida e no xeito de explotar os recursos. Hai uns 2000 anos a cunca do río Sil foi obxecto dunha intensa explotación mineira por tratarse dunha das zonas auríferas máis importantes de Galicia, e do Imperio Romano.

A intensidade destas explotacións auríferas na ribeira do río Sil provocou unha forte modificación na paisaxe, ademáis de cambiar de xeito radical a distribución da poboación e o seu xeito de vida.

Estas explotacións dependían dun continxente poboacional que se articulaba no territorio en relación directa co recurso explotado, configurando a paisaxe urbanística da época e transformando radicalmente o anterior poboamento prerromano, vinculado as condicións topográficas e agropecuarias máis favorables.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 27052006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RIBASDESIL/documents/26715CA003.pdf

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RIBASDESIL/documents/26715CA004.pdf

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/ribas-de-sil/2018/10/28/recorrido-minas-oro-romanas-ribas-sil/0003_201810M28C4991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4669369924
Lonxitude: -7.30391263962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84