Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Buxantes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É unha das máis fermosas construcións de toda a comarca pola súa calidade artística. Posúe unha planta de cruz latina con dúas capelas que conforman unha estructura que ten función de ser o brazo do cruceiro. A capela do Rosario no lado do evanxeo é de estilo renacentista, e a capela da Asunción, no lado da epístola, pertence ó estilo barroco. Á nave ábrese unha capela no muro norte con dobre acceso, dende o interior da nave e dende o brazo do cruceiro. No muro sur ábrese outra capela que está adicada a San Miguel, así como o baptisterio, engadidos no século XVIII. Posúe un coro alto ós pés da nave.
A sancristía está pegada ó muro sur da igrexa. A capela maior cóbrese con bóveda de canón realizada con aparello de cantería e está reforzada no centro cun arco faixón. O cruceiro está formado por dous arcos torais e dous formeiros e cóbrese cunha bóveda de aresta de cantería. Ó exterior destaca o ciborio de planta cadrada e cun tellado a catro augas. A nave cóbrese actualmente cunha teitume de cemento que imita á antiga feita en madeira. Ós pés da nave levántase un magnífico coro pétreo sobre unha bóveda de canón rebaixada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV, Diputación Provincial da Coruña,1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.97384001091876
Lonxitude: -9.117879867553711
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84