Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Dumbría
Parroquia: San Pedro de Buxantes
Lugar: Figueiroa (Fonte Santa)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Esta capela forma parte do itinererio relixioso que conduce ós pelegríns dende Santiago de Compostela a Fisterra e Muxía. Este lugar era tamén un punto de encontro dos romeiros que dende as Rías Baixas se dirixían a Muxía. Está situada nun lugar natural coñecido como “Fonte Santa”. Nas inmediacións celebrábase unha feira mensual que xuntaba a xentes da comarca. Preto da igrexa existía unha pequena aldea e un lugar de hospedaxe de pelegríns que foron destruídos na guerra da Independencia.
Consta dunha soa nave con presbiterio de planta rectangular. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón corrido construído en cantería e a nave cóbrese con tellado a dúas augas sobre cimbras de madeira.Como é habitual posúe unha sancristía apegada á ábsida no muro norte.
Ó exterior presenta unha porta traveseira no muro norte e un altar apegado ó muro que facía as funcións de capela ó aire libre para as grandes concentracións relixiosas e as romarías.
O material empregado é a cantería de pedra, agás na sancristía.
A fachada principal segue un esquema pentagonal. De abaixo arriba organízase mediante unha porta de luz rectangular, e unha espadaina con dous arcos de medio punto peraltados que acollen as campás e un sinxelo remate formado por unha cruz no centro e dous acroterios piramidais. A decoración é a base de molduras moi marcadas.
Como curiosidade destaca un segundo campanario no extremo leste da cuberta, dun só van sobre pilastras e rematado en acroterios de pináculos con bóla. No interior a decoración escultórica está moi deteriorada debido ao escaso uso litúrxico na actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCIA QUINTANS, M.: “El ayuntamiento de Dumbría, Historia, tradiciones y costumbres”. Deputación Provincial da Coruña, 2008.
SORALUCE BLOND, J.R., FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9797938824
Lonxitude: -9.12694036961
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84