Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Seavia (San Mamede)
Lugar: Rabadeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal tamén cadrangular achafranado. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cilíndrico rematando en cadrado e gallonado. A súa cruz é octogonal con remates florenzados que leva no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza fica anoado á dereita. Ós lados de Cristo están a Virxe e San Xoán. Polo reverso da cruz está a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Parece que rompeu o varal preto do pedestal, ainda que está arranxado non parece que iso aguante moito. Corre serio risco de caer e esnaquizarse.
E como non, en marzo de 2020 aparece o cruceiro esnaquizado no chan, unha crónica anunciada.


Onde está localizado

Latitude: 43.1506673079
Lonxitude: -8.75093221664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84