Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: Pindo, O (San Clemente)
Lugar: Porto de Quilmas-Cementerio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e un pedestal cuadrangular achafranado que ten unha inscrición que di “PROPIEDA SBIRS.”. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular e moldurado que leva unha cruz circular. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza fica anoado á dereita. Ó pé de Cristo hai un busto ou imaxe pregando. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf
(pp. 2 de 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88132209247123
Lonxitude: -9.138774275779724
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84