
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dumbría
Parroquia: San Martiño de Olveira
Lugar: Logoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de Logoso sitúase ó pé da aldea do mesmo nome. Fica a uns 407 metros sobre o nivel do mar ó sueste de dita aldea. Ten polo lateral sur tres murallóns concéntricos de pedra e polo lateral norte unha fortificación amurallada con restos do foxo protector. Na croa existe unha rocha plana furada e partida supostamente por un raio, que nos fai supoñer que era unha ara de sacrificios. Polo lateral sur, ollamos entre a abundante maleza, moreas de pedras pertencentes ás edificacións que alí existiron. O seu estado de conservación é de regular a malo debido o abandono e a abundante maleza, ademais, a mediados do século XX e máis aló, as xentes do lugar buscaron e rebuscaron entre as pedras na busca do famoso caldeiro de ouro, unha lenda que comparten moitos castros.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15034040
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O Castro de Logoso comparte unha lenda do famoso Caldeiro de Ouro polo cal as xentes do lugar buscaron entre as pedra por todo o castro, evidentemente sen topalo. Súponse que quen o atope atopará fortuna e riqueza, esta crenza que se transmitiu dende a época dos mouros, celtas ou castrexos dependendo dos autores, ben a ser que cando as invasións bárbaras do norte de europa invadiron o país, transmitiron a crenza de que estos grandes tesouros foron agochados con encantamentos nos castros e en covas polos mouros na súa fuxida. Estos encantamentos correrían a cárrego dos trasnos nos castros e das ninfas nos ríos ou fontes.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-“ATLAS ARQUEOLOXICO DE GALICIA, Comarca de Fisterra”, Xunta de Galicia, 2009.
-GARCIA QUINTANS, M.: “El ayuntamiento de Dumbría, Historia, tradiciones y costumbres”, Deputación Provincial da Coruña, 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9710100518Lonxitude: -9.06790494919
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Abr 17, 2012
Para ler un pouco recomendo:
http://www.manuelgago.org/blog/?s=logoso&x=0&y=0
E esta en plan : que visitar na costa da morte? :
http://www.turismocostadamorte.com/ga/web/pdt.php?ayu=10&tipo=3
Xose Troiano says:
Abr 17, 2012
Gracias Elixio pola nova información
elixiovieites says:
Ago 27, 2012
Ficha do Castelo Logoso, na mesma zona e a 2,5 qm. en liña recta.
http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/04/castro-de-logoso-2/