Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cee
Parroquia: Cee (San Martiño)
Lugar: Rúa da Madalena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo que ten por plataforma unha fonte con dous canos para saída da auga pola parte do reverso da cruz e encima da fonte unha pilastra de pedestal, cadrangular con remate moldurado e paramentos recadrados. O varal é circular e que contén dúas imaxes; a de Santa Catarina e outra que está rota, faltándolle a cabeza e os pés. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Contén volutas, follas de bordes lobulados e querubíns. O ábaco é de lados rectos. A súa cruz é circular rematando con flores. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza fica anoado á dereita. Polo reverso da cruz está a Inmaculada, coroada, coas mans xuntas e coa lúa ós seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9543603090855
Lonxitude: -9.188101440668106
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84