
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cee
Parroquia: Santa María de Cee
Lugar: Cee- Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo de Crucifixo con Plataforma cadrangular de dous chanzos e dous pedestales, o primeiro é unha pilastra e o segundo é un pedestal cúbico rematado con cuarto bocel inverso. Os lados deste pedestal leva as figuras da vieira, cruz de Santiago e o escudo do concello. O varal na primeira metade é cadrada e na segunda é octogonal. Na primeira metade do varal ten unha figura do Santiago Pelegrín. O capitel é octogonal con astrágalo octogonal e liso, ten volutas e anxos con ás. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. A súa cruz é octogonal con remates decorados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergameo coas siglas INRI. O pano de pureza fica anoado á dereita. Polo reverso da cruz está a Virxe coroada e co Neno no colo. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.955209343974886Lonxitude: -9.189297705888748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Abr 15, 2012
O Cruceiro do adro da igrexa parroquial de Cee non consta expresamente no catálogo de bens patrimoniais protexidos nas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal do Concello de Cee, pero forma parte dos xardíns anexos á igrexa, que si aparecen referenciados co nº 10 de dito catálogo.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA004.pdf