Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Ézaro, O (Santa Uxía)
Lugar: O Ézaro
Outra denominación do ben: Cruceiro de Colúns
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo sen plataforma e cun pedestal cúbico achafranado. Ten un varal circular que leva un capitel toscano. A cruz é cadrangular cos brazos achafranados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe do Carme que rescata da tempestade a un náufrago. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O cruceiro do Ézaro é tamén coñecido como o Cruceiro de Colúns, esto é porque nos anos sesenta ou setenta do secúlo XX, o anterior cruceiro faltou, segundo algunhas persoas vendérao o cura por aqueles tempos, repoñendo con outro cruceiro traído doutro lugar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA004.pdf (pax 9 de 11)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9106255619055
Lonxitude: -9.130413830280304
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84