
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba
Parroquia: San Andrés da Pereira
Lugar: A Pereira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Os templos de plano central son pouco habituais nesta zona, de aí a singularidade de San Andrés da Pereira. Retomando ancestrais disposicións formais con forma de cruz grega, esta igrexa presenta unha planta que parece ter os brazos de iguais dimensións, aínda que un pouco desvirtuados polos volumes anexos ó muro norte (sancristía e pequeno oratorio).
No interior a capela maior e a nave cóbrense con bóveda de canón que descarga, directamente, nos muros de carga de cachotería.
A cuberta é a tres augas na nave e a unha nos anexos. A fachada, pola contra, é de cantería. Esta última posúe unha disposición xa coñecida pero de grande orixinalidade na ornamentación, xa que a fornela que alberga a imaxe do santo titular está gardada por un frontón partido, na súa parte inferior, e un frontón curvo, na parte superior. Ademais unha parte dela é translúcida, a modo de transparente, recurso moi utilizado na arquitectura barroca. Esta ornamentación complétase cunha cornixa rematada en volutas e pináculos piramidais.
O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”, Vol. X, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.99170381977895Lonxitude: -8.870569467544555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84