Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Xallas de Castriz.(San Pedro
Lugar: Castriz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo sen plataforma á vista. O pedestal é cuadrangular no que vai un varal cadrado achafranado. O seu capitel é cadrado, moldurado e con caras e sobre esta leva unha cruz rectangular. Polo anverso da cruz leva a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita e leva o pano de pureza sen nós. Polo reverso da cruz está a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación. A cruz está estalada e rota pola parte baixa do anverso cara ó capitel.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A cruz está estalada e rota pola parte baixa do anverso cara ó capitel. Se non se toman medidas poidera ser que a rotura fora a máis.


Onde está localizado

Latitude: 43.08622247139527
Lonxitude: -8.777115941047668
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84