
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Pereira, A. (Santo André)
Lugar: A Pereira, Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico cunha inscrición que vén sendo a data do cruceiro (25/7/2003). O varal empeza cadrado para logo ser octogonal ata o capitel. Este ten astrágalo circular e liso con volutas, frores e follas de carballo. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. A súa cruz é leñosa con nós e polo anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans cruzadas sobre o peito e nun pedestal de rochas. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.991907857907634Lonxitude: -8.870580196380615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84