
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambia (San Estevo)
Lugar: Santa Eufemia
Outra denominación do ben: O pozo
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
No actual lugar de Sta. Eufemia está recollida a existencia dun xacemento de adscrición romana.
No templo prerromanico que se atopa neste antigo asentamento romano e poboado medieval, unha ara romana sirve de soporte para o altar coa lenda AVRELIS / FLAV(U)S / TAM(ACANUS) TACAMUS / NYMPHIS / EX VOTO (a terceira liña non esta moi clara).
Suponse que esta ara saliu de esta fonte que se atopa ao caron da poboación en dirección o rio Arnoia. Esta é unha poderosa razón, xunto con outros elementos que se ven nos muros, para afirmar que se trata dun antiguo lugar de culto ás aguas.
A aparición de ninfas identificadas como divindades que habitan as fontes, como a personificación das forzas da natureza, interpretase como o intento por parte das autoridades romanas para adaptar progresivamente os deuses indíxenas e, así, introducir o modelo de culto romano. Os deuses indíxenas do tipo celta son substituídos por cultos coma o das ninfas, que toman o lugar das divindades nativas, producindo unha osmose entre o romano eo elemento nativo e unha sociedade mixta celta-romana.
As ninfas eran as deusas mais invocadas en Balnearios, varían de unhas a outras inscricións a ortografía. Así podemos ver: Nimphis, Nymphis, Nymfis, Ninphis, Nimpis.
De aquí levaría o señor de Ambía, despois do século X, a gran ara cristianada
que atopamos no faiado dunha casa dependente da Torre, e que se trasladóu ò Museo de Ourense.
No arco da fonte podese ver anque moi difuminada unha lenda. Na actualidade esta fonte está case esquecida, só se emprega para a rega das leiras que se atopan nas lindes, pero na súa época debeu de ser un gran complexo, polo que se intúe do que queda en pé.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: AgrícolaEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ELIXIO Rivas QUINTAS, «Influxos precristians na arte», en Porta da Aira, 6 (1994-1995)
http://www.panoramio.com/user/2981792?with_photo_id=42734342
http://www.panoramio.com/photo/15819923?tag=ambía
http://www.panoramio.com/photo/15819923
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.22461640834808Lonxitude: -7.705707550048828
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84