Outra fotografía:

Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Rúa Alfredo Nan
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Comenzou a funcionar en 1904. É un muiño de tracción animal, empregado para moer a cortiza de carballo, tamén chamada casca, para obter o tanino con que curtir as peles. Ten unha pía circular feita con lousas de pedra e un eixe vertical de madeira, o fuso, que xira mediante espigos de ferro, un no chan e outro na trabe, que é a mesma do andar superior. Do fuso parte a guía, tamén de madeira, que atravesa unha moa de bordes dentados. Noutro extremo xunguíase unha mula cos ollos tapados. No chan pódese observar un sulco circular producido polo desgaste do camiñar do animal.

A Torre Lombarda está reconvertida en casa de turismo rural e o muiño de casca está recuperado e integrado no comedor, dándolle un encanto especial. Noutra sá consérvase outra moa dentada reconvertida en mesa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.18807544466561
Lonxitude: -7.804058790206909
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84