Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: San Mamede
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa presenta unha planta de cruz latina conformada con muros de carga de cantería de granito. Dous arcos faixóns de medio punto que descargan sobre ménsulas que sosteñen no treito principal a bóveda de canón, que tamén cobre o presbiterio e as capelas laterais. O cruceiro, enmarcado por catro arcos, cóbrese cunha bóveda de aresta produto da intersección das dúas naves, lonxitudinal e transversal. Ós pés hai un coro feito con estrutura de madeira. Unha entrada lateral e dúas fornelas xemelgas con senllos altares completa o treito principal da nave. Dende o presbiterio accédese a sancristía que se engadiu no lateral esquerdo e é de moita menos altura que o resto do templo.

O exterior da igrexa é austero, caracterizado pola sobriedade dos seus muros de cantería con grandes panos opacos tan só salferidos por algunha pequena fiestra. A liña da cornixa é continua, percorrendo coa mesma altura todo o perímetro da nave. A composición da fachada principal vese alterada polo engadido da torre campanario no lateral esquerdo, divídese en catro treitos superpostos e de planta cadrada. A decoración barroca aparece nos dous últimos con pilastras acanaladas e cornixa rematada en pináculos e bolas no corpo das campás, e tambor octogonal calado con cupuliña no último. O resto da fachada é sinxelo. Hai unha pequena fornela coa imaxe do Santo, situada por riba da porta principal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”. Vol. III, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.85320810050262
Lonxitude: -9.080355763435364
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84