Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ribadumia
Parroquia: Santa María de Besomaño
Lugar: A Bouza
Outra denominación do ben: Monte do Castro, Aldea da Bouza
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O xacemento do Castro de Besomaño (tamén coñecido como Monte do Castro ou Aldea da Bouza) atópase no concello de Ribadumia, parroquia de Santa María de Besomaño, no lugar de A Bouza, nun monte que está a uns 110 metros sobre o nivel do mar. Arredor do castro hai unhas 12 pequenas zonas de extracción de pedra que a xente do lugar realizou durante o século XX.
No xacemento atópanse unha serie de muros de dirección principal norte-sur, aínda que tamén os temos perpendiculares. O xacemento é un gran promontorio duns 3 metros de altura na parte máis alta, atravesado pola metade por un camiño. Os distintos muros teñen unhas dimensións variables, oscilando entre os 58 metros o máis longo ata os máis pequenos de menos de 5 metros, pero todos eles son semellantes na súa técnica constructiva, formados or dúas ringleiras de pedras de mediano tamaño labrados cara o exterior e con recheo de cascotes no medio. Teñen unhas anchuras de entre 40 e 60 centímetros.
No primeiro semestre do ano 2011 realizouse unha intervención que permitiu descubrir parte das edificacións. Nos traballos de escavación atoparonse varios milleiros de pezas: armas, ferramentas, cerámicas, coitelos, máis de 15 fíbulas, unha punta de lanza e outros obxectos de bronce e ferro. O descubrimento inédito en Galicia dunha dolabra, arma empregada pola lexión romana, xunto con evidencias dun gran incendio que arrasou o poboado fan pensar nun rápido abandono do asentamento provocado pola invasión romana arredor do século I a.C.
Despois desta intervención o lugar foi acondicionado para facer unha ruta a pe polo lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36046002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5234855462Lonxitude: -8.73921632767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
elixiovieites says:
Xul 2, 2013
Información aportada polo catalogador Xandlinthry: As escavacións do castro comezaron no ano 2011 e atopáronse diversas estruturas coma vivendas, almacéns e talleres.
A súa cronoloxía sitúase entre o século III antes de Cristo e o século II despois de Cristo xusto cando os territorios pasaron o poder ós romanos.
O castro aínda se atopa en estado de escavacións e non ten moi ben definida a súa estrutura. Aínda que polo de agora arroxou numerosas pezas de gran valor.
Oscar Franco says:
Mar 11, 2014
O Castro de Besomaño na prensa escrita:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/03/11/arqueologos-comienzan-definitiva-fase/982651.html?fb_action_ids=634307629975425&fb_action_types=og.recommends
Oscar Franco says:
Mar 30, 2014
O castro de Besomaño segue dando moito de sí:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/03/30/objetos-valiosos-vertederos-besomano/995904.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/03/30/tecnicos-salvar-dolabra-romana-tuvo/995905.html
Oscar Franco says:
Set 29, 2017
“A Deputación inicia os traballos de conservación na escavación de Monte do Castro en Ribadumia”
Nova do 29 de setembro de 2017. Os enlaces da noticia son os seguintes:
https://www.depo.es/-/noticia-a-deputacion-inicia-os-traballos-de-conservacion-na-escavacion-do-monte-do-castro-en-ribadumia
http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/arrancan-obras-conservacion-monte-do-castro-180000-euros/20170929005433193913.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/09/29/arqueologos-inician-nueva-fase-consolidacion/1758085.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/ribadumia/2017/09/29/diputacion-inicia-trabajos-conservacion-monte-do-castro/0003_201709A29C7991.htm
Oscar Franco says:
Nov 20, 2017
O xacemento segue a dar agradables e fermosas sorpresas. Desta vez un puñal de antena. A prensa escrita así o recolleu o 17 de novembro de 2017:
http://www.gciencia.com/historias-gc/atopan-unha-espada-seculo-ii-antes-de-cristo-en-ribadumia/
http://pontevedraviva.com/xeral/41281/encuentran-punal-antena-yacimiento-monte-castro/
http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/11/18/arqueologos-hallan-ribadumia-mango-hierro/1788073.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/11/18/encuentran-punal-antena-siglo-ii-c-yacimiento-monte-do-castro/0003_201711A18C8991.htm
erial says:
Nov 20, 2017
Grazas pola información Óscar.
Oscar Franco says:
Xuñ 3, 2018
O castro e os novos achádegos na prensa escrita do 31 de maio de 2018:
https://ocio.farodevigo.es/planes/noticias/nws-670418-besomano-descubre-su-monumental-portico.html