Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ribadumia
Parroquia: Santa María de Besomaño
Lugar: A Bouza
Outra denominación do ben: Monte do Castro, Aldea da Bouza
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O xacemento do Castro de Besomaño (tamén coñecido como Monte do Castro ou Aldea da Bouza) atópase no concello de Ribadumia, parroquia de Santa María de Besomaño, no lugar de A Bouza, nun monte que está a uns 110 metros sobre o nivel do mar. Arredor do castro hai unhas 12 pequenas zonas de extracción de pedra que a xente do lugar realizou durante o século XX.

No xacemento atópanse unha serie de muros de dirección principal norte-sur, aínda que tamén os temos perpendiculares. O xacemento é un gran promontorio duns 3 metros de altura na parte máis alta, atravesado pola metade por un camiño. Os distintos muros teñen unhas dimensións variables, oscilando entre os 58 metros o máis longo ata os máis pequenos de menos de 5 metros, pero todos eles son semellantes na súa técnica constructiva, formados or dúas ringleiras de pedras de mediano tamaño labrados cara o exterior e con recheo de cascotes no medio. Teñen unhas anchuras de entre 40 e 60 centímetros.

No primeiro semestre do ano 2011 realizouse unha intervención que permitiu descubrir parte das edificacións. Nos traballos de escavación atoparonse varios milleiros de pezas: armas, ferramentas, cerámicas, coitelos, máis de 15 fíbulas, unha punta de lanza e outros obxectos de bronce e ferro. O descubrimento inédito en Galicia dunha dolabra, arma empregada pola lexión romana, xunto con evidencias dun gran incendio que arrasou o poboado fan pensar nun rápido abandono do asentamento provocado pola invasión romana arredor do século I a.C.

Despois desta intervención o lugar foi acondicionado para facer unha ruta a pe polo lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36046002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5234855462
Lonxitude: -8.73921632767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84