
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Brión
Lugar: San Filipe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Aproveitando a orografía do lugar onde se asenta, o castelo de San Filipe érguese como un triángulo defensivo na boca da ría ferrolá, apuntando o vértice cara o mar. Triángulo tamén o que está formado polos castelos da Palma, de San Martiño e o propio de San Filipe, que protexían a ría e o corazón do Naval. A entrada quedaba ademais obstruída cunha cadea submarina que se tendía dende San Filipe á Palma no caso de ataque.
A orixe deste castelo remóntase ó 1589 cando Filipe II manda construír un castelo na ría de Ferrol (de aí o santo). A colonización de América e a expansión dos imperios europeos fan que a ría de Ferrol sexa un baluarte de resgardo e aprovisionamento de boa parte das flotas amarradas españolas e obrigaron a deseñar un lugar defendible tanto polo mar como pola terra. Deste xeito, o rei Filipe envía a varios enxeñeiros que seguindo o modelo do enxeñeiro Cristóbal Rojas, deseñan a fortaleza de Ferrol.
Con todo, é entre os anos 1731 e 1755 cando queda configurado o castelo tal e como o vemos agora. O enxeñeiro Francisco Montaigú é o encargado desta vez de deseñar as reformas, entre elas o foxo e o proxecto da porta principal.
No promontorio sitúase a base defensiva; que en realidade son catro: a do castelo antigo con dous baluartes cara o monte e traza estrelada onda o mar, unha segunda batería que barre de sur a oeste e outras dúas: alta e baixa cara o interior da ría.
A defensa cara a terra apoiase nunha construcción de dous longos muros unidos por unha fronte con aguzados semibaluartes nas esquinas dos flancos. O edificio nunca chegou a ter todos os baluartes que se proxectaran, pechouse polo lado norte cun muro liso e curvo onde se asentou o cuartel, nun comezo de modo provisional e logo definitivamente.
A fortaleza queda completa cun complexo sistema de adarves, troneiras e trincheiras, escarpas e contraescarpas, parapetos altos e baixos, espaldóns e garitas. Estar rodeado dun foxo e fronte a unha esplanada inclinada, obrigaba ó atacante a moverse no terreo batido polo fogo cruzado de cañóns e fusís.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Paz Varela (1999), Castelos e fortalezas de Galicia. Ed. Nigra Trea
La Voz de Galicia (2005), Castillos y fortalezas. Ea Editorial.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4646550070159Lonxitude: -8.28170657157898
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
adela suma says:
Abr 18, 2012
Coma información complementaria, engado o enlace á ficha (C2) deste BIC no catálogo do PXOM (2000) vixente en Ferrol:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/FERROL/documents/0184CA006.pdf
Oscar Franco says:
Ago 18, 2017
A prensa do 16 de agosto de 2017 recolle a rehabilitación de dúas vivendas neste complexo defensivo:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/08/16/rehabilitacion-castillo-san-felipe-avanza-mejora-dos-viviendas/0003_201708F16C2995.htm
Oscar Franco says:
Ago 31, 2017
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/08/27/sabes-castillo-san-felipe-fundamental-batalla-brion/0003_201708F27C11992.htm
Oscar Franco says:
Mar 1, 2021
A torre do século XIX da batería baixa do castelo de San Felipe será rehabilitada e convertida en espazo de exposición..
Así o recolle a prensa dixital do 28 de febreiro de 2021:
https://historiadegalicia.gal/2021/02/asi-sera-a-proxima-rehabilitacion-no-castelo-de-san-felipe-de-ferrol/
Oscar Franco says:
Mai 8, 2023
A prensa dixital do 5 de maio de 2023 recolle as próximas obras da cuberta que de desenvolverán neste ben:
https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/obras-cubiertas-fortificacion-empezaran-antes-par-semanas-4278062