Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O petróglifo atópase nun outeiro dunha elevación rochosa situada no extremo sur dos montes que rodean a praia de Carnota e preto do castro de Mallou. A rocha sobre a que están os gravados é un granito de gran fino que está alterada pola erosión, debido a natureza dos minerais que o compoñen. O espazo onde se atopa é unha superficie chan a rentes do solo e no lado occidental dun afloramento granítico moito máis elevado que se chama o “Outeiro do Filladuiro” . As figuras amosadas son rebaixes cuadrangulares de arestas redondeadas , sendo os máis grandes de 16×16 cm. e os máis pequenos de 4×4 cm. Acompañan este trazos outros reticulados e de liñas curvas, todos eles enmarcados nunha liña que parece facer de perímetro a todos eles e compoñer unha figura humana. Fernando Alonso Romero, nun estudio feito sobre o petróglifo, dinos que nos atopamos ante un deseño totalmente insólito e aventura a posibilidade que estemos ante unha representación dunha Deusa Nai , que tería ademais un neno nos brazos. Esta afirmación entroncaría coas tradicións populares da fertilidade feminina e que estaría relacionadas coas pedras.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2007PDF/2007%20021_056.pdf
http://montetecla.blogspot.com.es/2008_08_01_archive.html
(comentario ao petróglifo do Rego de Chamoso, entrada do 22 de Agosto do 2008)
http://xurl.es/qrx2q


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.79959269853342
Lonxitude: -9.09716248512268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84