Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Santa María de Tebra
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Ten a súa orixe no século XII e pertenceu á Encomenda da orde de Malta.
Da súa factura románica consérvanse a ábsida pentagonal e gran parte dos aleros, que se atopan decorados con modillóns historiados de temática variada.
A fachada principal, modificada no século XVIII, posúe unha porta con arco de medio punto flanqueada por pilastras. Máis arriba un frontón triangular partido cunha fornela no seu centro. nela podemos ver a imaxe pétresa da Virxe.
No seu interior sobreasen os capiteis de arco triunfal así como os de un segundo arco faxón, todos eles historiados. Os capiteis zoomorfos, filiados a Sede tudense, son da primeira metade do século XII.
Tamén no seu interior atopamos o sepulcro de D. Álvaro Suárez de Deza e Soutomaior, señor do castelo de Tebra, con estatua xacente e capela presidida polas armas da súa linaxe. Este nobre foi o primeiro da súa familia que reclama o Val de Tebra no ano 1508, logo da desaparición de Pedro Madruga.
A imaxe que se garda nesta igrexa é do século XVIII e representa a Virx co Neno.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/23016CA001.pdf
BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0419825875Lonxitude: -8.73609960079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 6, 2016
Sepulcro de D. Álvaro Suárez de Deza e Soutomaior, señor do castelo de Tebra.
Oscar Franco says:
Mai 6, 2016
Detalle dos capiteis zoomorfos.
Oscar Franco says:
Mai 6, 2016
Detalle dos capiteis zoomorfos (II).
Oscar Franco says:
Mai 6, 2016
Detalle dos capiteis zoomorfos (III).
Oscar Franco says:
Mai 6, 2016
Detalle dos capiteis zoomorfos (IV).