Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: San Salvador de Tebra
Lugar: O Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa parroquial que data do século XII, de estilo románico, aínda que tan só conserva como vestixios de dito estilo parte dos muros laterais da nave e a súa ábsida rectangular, a cal se une á nave directamente. A nave é posterior na súa construcción á ábsida. Destacar en todo o conxunto a variada mostra de canzorros existentes ao longo dos diferentes aleros: uns decorados con cabezas de animais, animais monstruosos, en nacela ou decorados con bolas. A portada norte presenta tímpano liso sostido por mochetas decoradas con cabezas de bóvidos. A cara norte da ábsida tápase cunha sacristía moderna.
A fachada principal foi reformada no século XIX.

No interior podemos ver dous retablos laterais de época barroca, un dedicado á Virxe das Angustias e outro dedicado á Virxe do Libramento, este último restaurado en outubro de 2014. Posiblemente foron realizados polo mesmo artista na segunda metade do século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/23016CA001.pdf
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/10/07/restaurado-retablo-virxe-do-libramento/1107316.html

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.033038084
Lonxitude: -8.72820854187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84