Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Aranga
Parroquia: Aranga (San Paio)
Lugar: Ponte Aranga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Queda na beira da estrada AC-1533 chegando a Ponte Aranga. É de estilo barroco. Posiblemente foi construida no s. XVII e no XVIII sufriu unha reconstrucción.
O frontón é semicircular partido, cunha cruz no medio. Debaixo pódese ler “Fuente de la mylagrosa Santa Cruz”. O perfil curvo vai moldurado. O frontón vai unido ao corpo da fonte por unha cornixa que se decora con tacos a modo de goteiróns. Debaixo hai otra inscrición. “Fue reetificada en el año de 1773 siendo cura el LYC. D. J. D. C.” (Licenciado Don Jacobo de Castro, según consta nos libros parroquiais).
O peto está decorado a xeito de damero en relevo. Na parte baixa dous canos verten a auga nunha pila. No centro hai unha cruz gravada en relevo e de forma semellante a da que se garda na igrexa parroquial.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dícese que a súa auga vertida nos campos espanta insectos e as alimañas. Tamén fai sanar ás persoas e o gando. Nos anos sesenta era frecuente ver nela colgados exvotos que ofrecía a xente. Xaquín Lorenzo recolle a lenda: “Nunha ocasión, unhas mulleres que pasaban de noite preto de Aranga sentiron soar unha campaíña debaixo da terra. Foron entón onde o cura, que veu con elas e cavaron ata dar cunha cruz de ferro con adornos de cobre e unha coroa de prata que tiña unha campaíña que era a que sentiron tocar. No sitio onde estaba a cruz comenzóu a brotar augas milagreiras dunha fonte. Arranxada a fonte e feita unha ermida naquel sitio, organizouse anualmente unha romaría que ten lugar o día 3 de maio”. O cancioneiro popular recolle:
Verdadeira cruz de Aranga
que has de dar ós teus romeiros:
auguiña da túa fonte,
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J. R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña. Aranga, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos, Vilasantar, Vol. XVI, Deputación Provincial da Coruña, 2001.
LORENZO, X. “A muller no cancioneiro galego II”, Nos, nº 99, 1932, páx. 43-48.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA002.pdf (páx. 13)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (páx. 3)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (páx. 128)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.23448129430605Lonxitude: -8.018678426742554
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84