Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Carnota / Muros (comarca)
Parroquia: Lira
Lugar:
Outra denominación do ben: Monte do Castro / Outeiro dos Mouros
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:
Fortificación ubicada a case 300 metros de altura, nun outeiro individualizado dentro do circo de Carnota e pechando polo sur esta secuencia montañosa. Consta de dous aneis de murallas que rodean o cumio de outeiro compostas por cachote rematado de xeito basto, aparentemente montado en seco e de máis de dous metros de ancho. O interior do recinto está dividido por outro muro que separa a zona máis regular doutro espazo en pendente que parece funcionar a xeito de último reduto. O recinto ocupa algo máis de dúas hectáreas e aparentemente no interior non se perciben vivendas en pedra. A fortificación foi recoñecida en abril de 2012 por un grupo de afeccionados e arqueólogos e pasará a incorporarse ao catálogo de bens do PXOM de Carnota. As fotos son de Antón Malde.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Entre o Monte do Castro e o Monte do Medio hai un cabaliño de Ouro” “Aquí vivían os mouros”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Carré Aldao, Geografía general del Reino de Galicia, A Coruña, 1936. Páx. 409.
Alonso Romero, Historia, leyendas y creencias de Finisterre, 2002.
Alonso Romero, As nove ondas, Universidade da Coruña, A Coruña, 2003.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.797038143106086Lonxitude: -9.113845825195313
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
magago says:
Abr 17, 2012
Unha discusión sobre a súa cronoloxía pode verse na publicación orixinal deste xacemento.
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/04/17/unha-nova-e-enorme-fortificacion-sen-catalogar-en-carnota-a-torre-dos-mouros/
Xose Troiano says:
Abr 20, 2012
-No planeamento de Carnota de xullo de 1996 figura co número 52, e que se describe como Restos da Torre dos Mouros.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf
magago says:
Abr 20, 2012
Ollo, Troiano, que creo que hai dous xacementos distintos. Creo que esa Torre dos Mouros é outro xacemento próximo que está máis contra a Garganta, e que era o que ficaba apuntado tamén no Catálogo da Xunta: os dous teñen a mesma fonte e sitúan ese xacemento máis abaixo que este. Se te fixas, no texto de Carré Aldao fala claramente de dous xacementos. Prudentemente, preferín deixar este título aquí ata localizar o outro xacemento.
A miña idea é verificar outra volta in situ o espazo por ver se renomear o xacemento desta ficha cara “Monte do Castro” ou mesmo “Carballal”, que tamén é a denominación tradicional do lugar, ou ben mantelo. A semana que vén vou pasar por aí e se teño tempo bótolle un ollo.
Xose Troiano says:
Abr 20, 2012
Pois pode ser, na descrición di que hai un xacemento medieval que é a Torre dos Mouros. Haberá que seguir investigando.
maribel says:
Ago 27, 2012
é unha cronoloxía moi longa, entre edade do Ferro e alto medieval, ainda ai uns poucos anos. Fernando Alonso Romero xa publicou no seu día a posibilidade de ser de orixen suevo.