
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ribeira
Parroquia: Carreira (San Paio)
Lugar: A Capela
Outra denominación do ben: Capela da Guía
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Era unha das máis famosas de toda a bisbarra, onde se festexaba unha romaxe tódolos anos coincidindo co luns seguinte á Pascua de Pentecostés. Non se sabe certamente cando foi construída, pero hai documentación que acredita que no século XV existía unha pequena capela de pedra e madeira na toxeira onde está situada, fundada por unha orde de monxes mendicantes.
O edificio da capela ainda que é dun deseño moi sinxelo, ten unha grande pureza de liñas. A súa planta é rectangular, cunha única división no seu lateral oeste que a separa da sancristía.
Os muros do edificio son de granito autóctono de mampostería, e nos que as pezas maiores están nos laterais, nas xambas e nos dinteis.
A súa fachada e moi sinxela, e está composta ademais da porta principal por un frontón triangular formado a súa vez polas cornixas a dúas augas unidas a outra cornixa que fai de base. Enriba da mesma está o campanario formado por unha espadana con dous ocos rematados en arcos de medio punto, e sobre os que se asenta unha cornixa con pináculos e moldura curva. As súas campás foron colgadas nos anos 50 do século pasado, e fai poucos anos, colocouse no seu cume unha grande cruz latina de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Historia de Carreira – Javier Crugeiras (2007)
http://carreira.info/galego/templo_guia.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.541411Lonxitude: -9.012656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Abr 19, 2012
Coma información complementaria, engadimos o enlace ao inventario das Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais que recollen esta capela coma “Ermida da Guía” (o planeamento vixente en Ribeira é un PXOM de 2002 que non contén catálogo ou non está dispoñible en liña):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA007.pdf
Oscar Franco says:
Xul 22, 2014
Esta capela levántase nun lugar que antigamente era coñecido polo nome da “Toxeira de Entrematos” porque soamente existían toxos, silvas e matos.
Consérvanse varias lendas arredor da súa orixe: unha delas conta que uns mariñeiros atoparon a imaxe da Virxe na praia de Aguiño; collérona entre varios, pero como pesaba tanto deixárona abandonada na toxeira dos niños da Aguia. Foi aquí onde se creou a Capela da Guía, que lembraba o dominio do ben sobre o mal, deixando para o recordo o lugar da “Toxeira de Entrematos”. A nova capela serviu como amparo orientación e ”guía” aos homes do mar de Aguiño
Oscar Franco says:
Xul 22, 2014
Aporto a seguinte referencia bibliográfica:
“Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.