Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ribeira
Parroquia: Carreira (San Paio)
Lugar: A Granxa
Outra denominación do ben: Capela de San Roque
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Hai antigos documentos parroquiais que confirman que xa no ano 1505 se lle rendía culto ó santo en cuestión nunha capela da que hoxe se descoñece a súa localización.

É no ano 1679 cando o párroco D. Lorenzo Dono Taboada, funda a capela de San Roque no lugar da Granxa e tamén a correspondente confraría adicada ó santo.

O edificio da actual capela foi reconstruído polos seus propietarios, a familia Correa, a comezos do século XX, despois de que estivese moitos anos abandonado, chegando incluso a quedar co tellado caído e o interior cheo de silveiras como nos di unha anotación feita no libro de fábrica parroquial do ano 1816, por mor dun preito entre os veciños de Santa Uxía e os de San Paio polos lindes de ámbalas dúas parroquias, que ó final se decidiría a prol dos últimos. Foi restaurada nos anos 60 do século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Historia de Carreira – Javier Crugeiras (2007)

http://carreira.info/galego/templo_sanroque.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atopase en perigo debido a que está a carón dunha estrada que nos ultimos anos, incrementou de xeito alarmante o tráfico rodado pesado ó seu carón, por mor da instalación de novas factorías no polígono industrial de Couso (Aguiño). Dista 1 metro da estrada, e coincide nunha curva perigosa.


Onde está localizado

Latitude: 42.556699
Lonxitude: -9.006244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84