Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribeira
Parroquia: Carreira (San Paio)
Lugar: Frións
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Neste cruceiro, ademais da típica representación de Cristo, aparecen imaxes da Virxe María e de varios anxos. Esta obra data do século XVIII, presenta un estado de conservación bastante danado polas condicións medio ambientais, e carece de proteccións ca estrada que hai ó seu carón, co conseguinte perigo de ser danado polo tráfico rodado.

O Cristo crucificado está sostido por tres cravos e inclina a súa cabeza con coroa de espiñas cara á dereita, amosando as mans en posición aberta. O seu pano de pureza está anoado á esquerda e no alto de todo hai un pergamiño ca inscrición INRI.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Historia de Carreira – Javier Crugeiras (2007)

http://carreira.info/galego/cruceiro_frions.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está a carón da estrada que une Frións (Carreira) con Fafián (Ribeira). O tráfico rodado pasa a 1 metro escaso dél co seu conseguinte perigo. Carece de proteccións.


Onde está localizado

Latitude: 42.55096
Lonxitude: -9.005034
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84