Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Aranga
Parroquia: Aranga (San Paio)
Lugar: Ponte Aranga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É unha igrexa de grandes dimensións. Foi construida a comenzos do século XVIII en estilo barroco. Ten planta de cruz latina con tres naves, cruceiro, ábsida rectangular e sancristía.
Na nave principal ábrense dúas capelas comunicadas interiormente por arcos de medio canón. No muro norte ten unha capela onde se garda a Santa Cruz, de gran veneración no concello.
No cruceiro existe unha fornela interior que contén unha estanza secreta, con escaleiras, que percorre a ala. O interior é abovedado con apoios puntuais en columnas e arcos.
É salientable a torre-campanario, que ten tres corpos. O primeiro chega a mesma altura que a igrexa, o segundo alberga as campás e ten unha balaustrada de pedra; e o terceiro é de planta octogonal, con oito vans. Remata nunca cupuliña barroca de influencia compostelá.
A cuberta é a dúas augas na nave e unha nos corpos laterais, con tella curva. Os extremos de tódolos tellados adórnanse con pináculos. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito á vista. A fachada principal ten oito ventás repartidas en tres andares. Na parte máis alta hai un fornelo ca imaxe de San Paio. No lateral ten un reloxo de sol esquinado para orientarse ao sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J. R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña. Aranga, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos, Vilasantar, Vol. XVI, Deputación Provincial da Coruña, 2001.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA001.pdf (páx. 4-5)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (páx. 3)

http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (páx. 17)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.235225817434696
Lonxitude: -8.017487525939941
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84