Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Poedo (Sta María)
Lugar: Poedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa parroquial de Santa María de Poedo posúe planta rectangular con muros de sillaría, presbiterio algo máis elevado que a nave con remates de pináculos nas esquinas e cruz de pedra no cumio. Fronte sinxelo con cornixa en ángulo e sobre ela espadana dun corpo con dous vans, e remate con cruz de pedra e adornos nas esquinas.

Á beira de S. Román de Sobradelo está Poedo, xa na Limia, enfesto monte en medio con Ambía. A súa igrexa sempre foi anexo ou sufragánea da de Sº Estevo de Ambía. O último abade propio que tivo, nativo do lugar, foi Don Indalecio a comezos do séc.XX. Aínda pervive a lembranza entre os maiores de que o señor destacado en Poedo baixaba polo camiño das Torres pra oír a misa dominical na Ambía e o señor abade, vasallo tamén e por el presentado, non daba o primeiro toque de sinos deica asomar o seu pendón señorial no alto.
Non sabemos cando se fixo couto aparte de Poedo, dándollo de dote a algún herdeiro. Segundo o P. Crespo (Op. cit. XXV, 22-23), Poedo, algún lugar de Ambía, Piñeira de Arcos e outros máis, seríanlle doados polo rei Enrique II de Trastámara (1333-1379), Poedo, anexo de Sº Estevo de Ambía, tiña polo 1487 coma padroeiros (BCMO, núm.107) a dona Leonor de Nóvoa e Alonso de Nóvoa, aos que pagaban de foro os veciños 4 fanegas de pan ao ano.
O Conde de Torre Penela, do cal o escudo e soar se ve en San Martiño de Alongos (Toén) coas armas dos Puga, era ò mesmo tempo señor de Poedo, Xocín, Maus e Freás de Astariz (CEG, Nº59,341).
Inclusive tivo algún foro aquí o mosteiro de Sª Mª de Xunqueira de Espadanedo.
No ano 1489 o prior Fr. Rodrigo de Castro outorga un foro a Álvaro García e súa muller Teresa Pérez e a 5 voces da metade do lugar de Poedo, coa metade de tódalas casas e herdades suo sino de Santiago de Poedo, con tal que o coiden ben e paguen renda anual de 5 fanegas de centeo e 2 maravedís vellos cada ano de dereitura e visitalos co que tivesen por S.Marcos, e pagar loitosa.
Tamén afora a Xoán de Goamil e súa muller Aldonza Rodriguez e a 5 voces a mitade dos lugares de Poedo coa metade das casas e herdades de forma semellante (Bol. Aur.,IX, 187-8).
No ano 1736 son cofrades no Santuario dos Milagres, Benito Sarmiento, Jacinta Ulloa, Joseph Sarmiento y Ulloa e Jacinto Sarmiento y Ulloa, pais e fillos, señores de Poedo.
No ano 1749, os veciños do Couto de Poedo dispoñen unha demanda contra os señores (CEG, nº98, 225-6) pra se eximiren da prestación que lles tiñan que satisfacer por vasalaxe e recoñecemento do dominio directo de soar e bens debido a queima dos títulos e privilexios en tempo da invasión francesa. O último preito orixinouse por seren os veciños remisos en pagar aos cabezaleiros.
A Casa grande de Poedo hai moito que desapareceu ficando a lembranza no lugar: A Casa Queimada da invasión francesa. Derradeiro sinal era o banco co seu escudo á beira do altar, no que adoitaba sentarse o señor de Poedo asistindo aos santos oficios. Con pouco respeito para arte e a historia, malvendeuse pola dieza de 1950. Soamente fica o debuxo do escudo atrás ollado.
Os padroádegos sobre as igrexas e os dereitos de presentación, que estaban obsoletos, acaban desaparecendo no ano 1953.
Información: Eligio Rivas Quintas-Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Eligio Rivas Quintas-Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.

http://www.panoramio.com/photo/52927127

http://www.panoramio.com/photo/39572210


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.19252301710234
Lonxitude: -7.69024729728698
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84