Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Lama Má (San Cibrao)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa parroquial de San Cibrao de Lama Má data do século XVIII. O edificio posúe planta rectangular con muros de sillaría, de grandes dimensións, presbiterio máis elevado que a nave con remates de pináculos nas esquinas.
Fronte con cornixa en ángulo e sobre ela espadana dun corpo que alberga as campás, e remate piramidal con cruz de ferro.
Porta principal de acceso con decoración xeométrica e sobre ela pedra con inscrición, pequena ventá octogonal e pequena fornela coa figura dun bispo,
todo rodeado de decoración a base de lambrequíns, e acompañado de escudo e inscrición.
Escudo da fachada, situado na parte superior da porta de acceso, onde se atopa unha pequena pedra labrada, con decoración vexetal.
Na parte alta e central atópase unha fornecina cun pequeno altar onde se ergue unha figura, rodeado de decoración formada por lambrequíns.
Acompañando un por cada lado, atópanse unha pedra con inscrición e enmarcada con decoración a base de lambrequíns e unha pedra heráldica labrada en varias pedras, cuartelada nun e coroado por abundante decoración formada por lambrequíns, rodeado tamén desta decoración.
No interior destacan o artesonado no teito(foto-2), o retablo, un tríptico e o resto dunha pintura renacentista, que representa a Sta Lucia.
Vilariño de Lama Má foi antes Vilariño da Torre, coa igrexa parroquial en Calvelo de Seoane ou Calvelo do Río, máis coñecido por Calvelo de Lama Má.
A igrexa estaba en Lama Má, à esquerda mesmo do Río Arnoia. Case un km. abaixo do lugar, solitaria permanece a igrexa alí deica 1760, cando é trasladada a Vilariño, agora de Lama Má por esa razón esquecendo o “da Torre” que o era por referencia á casa señorial.
O traslado faino o daquela abade –xa dende 1744 ó menos- Don Alonso de Mira Feixoo Enriquez de Nóvoa e Soutomaior, nativo e señor da Casa de Reza, cuio pazo patrimonial tamén ergue no 1755, igual cá reitoral de Lama Má. Consta en cartela na fachada da igrexa: HIZOSE SIENDO ABAD EL SR DN ALONSO DE MIRA Y SOTOMAIOR. ANO DE 1762.
No ano 1230 o bispo de Ourense dá ós Cóengos Regulares de Santo Agostiño de Xunqueira de Ambía, esta freguesía. É a razón do padroádego en séculos vindeiros.
Neste tempo, ano 1235, Don Pedro abade de Lama Má vai en compaña dunha das mesnadas que marchan á Reconquista con San Fernando, levando consigo o Santo Cristo dos Desamparados, que alá fica, morrendo ós 96 anos, fundada a gran vila de Pedro Abad en Córdoba. O Santo Cristo queimárono os progresistas do 1936.
Actualmente os dous pobos están hermanados, facendo xuntanzas en varias ocasións.
Vilariño da Torre foi padroádego da Casa dos Soutelo de Nóvoa (A Limia, 372). Don Alonso de Mira Feixoo Enriquez Nóvoa e Soutomaior, de Reza, ergue a igrexa, seguindo planos da igrexa de Canedo, Ourense, transferida a antiga dende o río. Cando se ergue a igrexa polo 1760, aínda fai acto de presenza na heráldica local un Soutelo de Xocín.
De Don Antonio Soutelo de Nóvoa, da Casa de Xocín, Mestre de Campo e Cabaleiro de Santiago, veñen os marqueses de Villaverde de Limia, cuio escudo se pode ver na fachada da igrexa de Lama Má .(Región, 5.10.1975), que sospeitamos pouco ortodoxo.
Polo 1760 o padroeiro de Lama Má era Don Manuel Soutelo de Nóvoa (o que manda poñer na igrexa de Lama Má escudo de Soutelo, 5 cipreses por castiñeiros, en sotuer), ao que segue seu fillo Benito Soutelo de Nóvoa y Niño de la Vega y Ron, Rexedor de Ourense polo 1800, 1º Marqués de Santás -> 1º de Villaverde de Limia (en que troca o de Santás polo alpurnaren con “Marqués de Satanás” polo seu malo xenio).
Chama a atención a largueza que esta igrexa e freguesía ten en destros, verdadeiros foros; de seguro que veñen de fundación rosendiana, mantidos mesmo pola razón de seren os abades da familia señorial.
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Parroquia con lenda:
Fai moitos anos viñeron unhas monxas a pedir esmola a LAMA BOA e tamén a LAMA MALA. Os de Lama Boa non lle deron nada e incluso se portaron mal con elas, entón sufriron un castigo divino. Cando regresaron as monxas observaron que Lama Boa desaparecera, afundiuse e no seu sitio formouse a Veiga de Francos, Xocín e Calvelo. Os de Lama Mala non debían de ser tan malos como o seu nome indica e de aí xurdiron os tres pobos : Calvelo, Xocín e Vilariño.
Polo tanto non se pode escribir: Parroquia de La Mamá nin Parroquia de Lamamá, senón Parroquia de Lama Má (Lama Mala)
(Contador da lenda: Ambrosio Borrajo)
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.19793798106062Lonxitude: -7.636530697345734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Abr 22, 2012
Esta igrexa aparece no inventario de patrimonio das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento provinciais:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf