Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Pedro de Ancorados (San Pedro)
Lugar: San Pedro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de San Pedro de Ancorados é unha edificación de orixe románica. Construída en cantaría, posúe planta lonxitudinal con cuberta a dúas augas e ábsida pentagonal de arrinques paralelos. A singularidade desta ousia convirten ao templo nun destacado exemplo no concello, xunto co de Codeseda, e do románico galego.

A fachada principal está dominada pola entrada. Conserva esta unha arquivolta tórica de medio punto sobre columnas con capiteis con decoración de follas. O tímpano, presidido pola imaxe do patrón do templo, está labrado con decoración de cruces e follas entrelazadas. Enriba, un pequeno van cuadrangular da paso á espadana de dobre corpo.

A ábsida posúe catro columnas acoroadas, dividíndoa en cinco tramos. Orixinariamente, en cada un dos tramos dispoñíase un van de medio punto. Porén, na actualidade, só se conservan dous. Cara ao … posúe un contraforte de sección cuadrangular.

No interior, á nave lonxitudinal, con engadidos laterais, únese á ábsida a través dun tramo cuadrangular enmarcado polo arco triunfal. O orixinal foi substituído por outro de maior altura, conservando os fustes das columnas. Segundo Pedro Varela, o templo foi restaurado en 1756, época na que se modifican o interior, a fachada e a ábsida.

As orixes de San Pedro de Ancorados non están moi claras. Así, as referencias recollidas polo cardeal Jerónimo del Hoyo falan de que pertenceu a unha fundación que tiñan os Terciarios Regulares Franciscanos en Santiago. Posteriormente, pasou a depender das clarisas, transformándose nun convento anexionado ao de Santa Clara de Santiago en 1577.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

BANGO TORVISO, Isidro: “Arquitectura Románica en Pontevedra”. Barrié de la Maza, A Coruña 1979.
CASTILLO LÓPEZ, Ángel del: “Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia”. Barrié de la Maza, A Coruña 1987.
LUNA SANMARTÍN, Xosé: “A Estrada Románica”. Fouce, A Estrada 1999.
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel: “A Estrada Rural”. Deputación de Pontevedra, 1990.
VARELA CASTRO, Pedro: “La Estrada”. El Eco de Santiago, Santiago 1923.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA002.pdf (p. 10)
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/12/16/5377754.shtml
http://ir.gl/1d548f


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.715148
Lonxitude: -8.414455
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84