Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa María de Lira
Lugar: Lira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Santa María de Lira data do ano 1760 ainda que sufriu unha ampliación no ano 1825, dotándoa do seu aspecto actual. Destaca basicamente a rotundidade da súa planta, dunha soa nave, estreita e alongada, dividida interiormente en catro treitos por arco de medio punto con tirantes metálicos e bóveda de canón nos tres primeiros treitos; no correspondente ó presbiterio encontramos bóveda de crucería; dende aquí, e apegada á cabeceira, encóntrase a sancristía, moi reducida e de menor altura; ós pés da nave sitúase o coro, de madeira. Os muros de cantería presentan grande auteridade, que continúa no exterior. A súa continuidade tan só se ve interrompida polo remarque das pilastras do interior e polas fiestras situadas no medio de cada un dos panos intermedios, nalgúns casos convertidos en simples molduras. A cuberta é a dúas augas de tella curva, agás no presbiterio, que é a catro e que destaca pola súa maior altura. Na fachada principal encóntrase a escasa ornamentación da igrexa, cunha composición simétrica formada por un remate en frontón triangular con dous potentes pináculos nos estremos; e que descansa sobre catro pilastras que enmarcan a porta principal con lixeiras molduras e un óculo circular por riba dela. O conxunto remata cun campanario situado sobre o frontón nunha plataforma cadrada, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto rematados cunha cornixa e unha cupuliña sobre tambor octogonal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.E.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”. Vol. III, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.799604506711155
Lonxitude: -9.125996232032775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84