Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Tomé de Ancorados (San Tomé)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Roda do Outeiro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro de San Tomé aséntase sobre un pequeno outeiro entre terras de cultivo ao norte da aldea do Castro. O poboado posúe planta oval cunhas dimensións aproximadas de 70 metros polo eixo N-S e de 90 polo L-W. No conxunto pódense apreciar varios parapetos de ata 5 metros de altura. Malia que non foi escavado, dise que teñen aparecido restos de cerámica e dunha pedra de muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36017005
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Como en moitas zonas de Galicia, en San Tomé repítese a lenda que di que no Outeiro do Castro había unha fonte de ouro e outra de alcatrán e que a veciñanza non se atrevía a cavar cerca por se aparece o alcatrán e arden todos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÏA
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel: “A Estrada Rural”. Deputación de Pontevedra, 1990.

ENLACES WEB
http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=19&id=985


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.723103
Lonxitude: -8.412923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84