Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: Presqueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa parroquial de San Martiño de Presqueira posúe planta rectangular con muros de sillaría, presbiterio algo máis elevado que a nave con remates de pináculos nas esquinas e cruz de pedra na cumbreira. Fronte sinxelo con cornixa en ángulo e sobre ela espadana dun corpo con dous vans con sendas campás, e remate con cruz de pedra e adornos nas esquinas.
Destaca o reloxo de sol no seu exterior.

Á beira de Guamil está San Martiño de Presqueira, daquela aínda a igrexa no lugariño de San Martiño, logo trasladada ó de Presqueira á beira en 1778.
A primeira vez que se nomea este lugar é no ano 1250 (Devanceiros, 14): domnus Fernandus Garsie das Manus… cum uxore mea Maria Menendi… damus… una leira a foru in uilla qui Dicitur Pedrisqueira en Caruallas Vellas. … que dedes inde quarta de pan.
Interesante nova xa que esa “leira” en Presqueira (Petriscaria, de Petra) algo ten que ver cos señores de Ambía, de cuia familia é María Menendi ou Méndez, tía do sonado Don Paio Arias de Ambía, irmá de Arias Menendi (1196,1238), Velascus Menendi (1150,1172,1194), e Petrus Menendi (1196,1250), que se cita ano 1250 (Rivas, op.cit.).
Interesante por ser xa un foro típico ‘à cuarta’ en San Martiño de Presqueira, escritura en que firman Martinus Velasci, Petrus Velasci e Velascus Martini fillo do primeiro, que coma María Menendi son da familia rosendiana de Ambía.
O pai, Velascus Menendi señor de Ambía vémolo no ano 1174: Velasco Menendiz tenente Penam Fidelem á dereita da Arnoia, entre San Sillau e A Pousa.
De testemuñas firman nesa escritura: Pedro Roderici de Fonquberta, Fernando Uelasci de Uide, etc de lugares na veciñanza, Vide e Foncuberta.
Pola Visita Pastoral do ano 1487 (BCMO, 107) vemos que era padroádego do Conde de Maceda, e incluso a miúdo os seus curas familia dos Nóvoa.

Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.

http://www.panoramio.com/photo/32441616

http://www.panoramio.com/photo/32441526


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2171518932127
Lonxitude: -7.6774477958679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84