Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: San Cristovo de Cea
Parroquia: Santa María de Oseira
Lugar: Oseira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Mosteiro cistercense de Santa María de Oseira atópase entre os grandes monumentos da Galiza. Moitos, pola súa grandiosidade chámanlle “o Escorial Galego”.
A historia deste cenobio é verdadeiramente interesante sendo a primeira fundación do Císter na Galiza.
Antes xa había un mosteiro fundado por uns poucos eremitas. No 1141 decidiron segui-la Regla Cistercense e chegaron novos monxes dende o propio Claraval, converténdose así este Mosteiro nun emblema do Císter en terras galegas sendo semente que se propagaría en numerosos lugares da Galiza.
A igrexa non se iniciaría moito máis tarde sendo consagrada no ano 1239.
Foron estos séculos, o XII e XIII, os de maior esplendor de Oseira, que empezou a decaer no século XIV. No século XVI, o Mosteiro de Oseira entra na Congregación Cistercense de Castela, comezando un novo período de florecemento que trouxo a renovación artística, impulsora das obras levadas a cabo perante os séculos XVI, XVII e XVIII.
Coa exclaustración provocada pola Desamortización de Mendizábal no século XIX, o conxunto monástico é abandonado e con elo comenza unha progresiva ruína da súa arquitectura e o expolio das súas obras de arte mobles.
No século XX volven monxes a Oseira e empréndese unha titánica e exitosa labor de restauración e recuperación deste complexo monacal, recuperando o pulo do que fora e é un dos máis fastuosos exemplos da arquitectura relixiosa galega e española.
O mosteiro ten moitas dependencias, entre a que destaca unha extraordinaria igrexa románica de transición, tres claustros de distinta época e estilo e unha sala capitular de gran vistosidade.
A igrexa románica ten planta de cruz latina con tres naves e cruceiro. As naves están separadas por pilares con columnas embebidas. A bóveda da nave central é de canón apuntado con faixóns. Os ventanais de medio punto ábrense no arranque da bóveda. A cabeceira imitaba á de Santiago con xirola e capelas aínda que hoxe están moi alteradas as orixinais. Sobresae a beleza do coro e a do presbiterio cunha colección de columnas sostendo o muro de peche.
No século XIII construíuse un cimborrio con cúpula sobre pechinas no cruceiro.
Como era preceptivo nas igrexas cistercenses, a decoración escultórica é prácticamente nula. Esta escasa ornamentalidade semella engrandecer a súa monumentalidade arquitectónica.
No século XVI transformouse a fachada principal e replanteouse no estilo renacentista, con sillería almofadillada e frontispicio, amén de outros ornatos e esculturas clasicistas.
No lado meridional desta fachada da igrexa e perpendicular a ela, atopamos outra grandiosa fachada, neste caso barroca de influencia compostelana, a do conxunto residencial do mosteiro.
Como xa dixemos, o Mosteiro de Oseira, ten nada menos que tres claustros. O da Portería, O Procesional e o dos Pináculos.
O claustro procesional destaca polas efixies situadas nas arquerías e que representan rostros de persoeiros históricos como a de Carlos I de España e V de Alemaña.
A antiga sala capitular é obra do século XV e é o elemento máis pintoresco do mosteiro. Construída sobre plantexamentos tardogóticos, é un espacio abovedado por complicadas bóvedas estreladas, cuios nervos arrancan de imaxinativas columnas estriadas. Estos soportes palmeriformes ábrense en infinidade de nervos, como se foran pólas de palmeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.arteguias.com/monasterio/oseira.htm
http://www.mosteirodeoseira.org/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.53848098490623
Lonxitude: -7.95109748840332
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84