Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Tomé de Ancorados (San Tomé)
Lugar: San Tomé
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de San Tomé de Ancorados é unha edificación de orixe románica. Construída en cantaría, posúe planta lonxitudinal, ábsida rectangular e cuberta a dúas augas.
A estrutura da fachada principal repite o esquema da veciña parroquial de San Pedro. Así, a entrada ten unha arquivolta tórica de medio punto sobre columnas con capiteis con decoración vexetal e de bolas. O tímpano, a diferenza, non posúe ningunha decoración. Enriba, un pequeno van cuadrangular da paso á espadana de dobre corpo.
Nos muros laterais consérvanse varios canzorros románicos, entre os que destacan dos con cabezas animais e humanos. Na ábsida ábrese unha ventá de medio punto, agora cegada, coroada no cumio por unha cruz de entrelazos. Acaroado a este corpo engadiuse en tempos máis recentes cara ao norte a sancristía.
No interior, aos restos románicos conservados na cabeceira hai que engadir os canzorros aparecidos trala última reforma na zona da sancristía. Xunto a isto, salientar o retablo barroco de dous corpos, organizado en tres rúas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
Bango Torviso, Isidro: “Arquitectura Románica en Pontevedra”. Barrié de la Maza, A Coruña 1979.
Castillo López, Ángel del: “Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia”. Barrié de la Maza, A Coruña 1987.
Luna Sanmartín, Xosé: “A Estrada Románica”. Fouce, A Estrada 1999.
Reimóndez Portela, Manuel: “A Estrada Rural”. Deputación de Pontevedra, 1990.
ENLACES WEB
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/11/25/5317215.shtml
http://ir.gl/88a7d7
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/03/23/restauracion-iglesia-santo-tome-descubre-originales-canecillos-romanicos/634860.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.72449Lonxitude: -8.409726
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xuñ 13, 2014
No colateral do Evanxeo da igrexa estaba fundada desde 1707 por Antón de Bascuas a capelanía de Nosa Señora do Rosario. Ao tempo de instituíla Antón aínda era crego de prima tonsura. Deixou disposto que logo da súa morte o sucederan André Montoiro e outros seus sobriños, colocándoos despois de André na orde de sucesión. Dotará a capelanía cos bens herdados dos seus pais: unha casa, leiras, viñas, soutos con carballos e castiñeiros, … sitos nas parroquias de San Tomé de Ancorados, San Xiao de Arnois e Santo Estevo de Oca.
BIBLIOGRAFÍA:
PORTO RICO, Damián. “Inventario de ermidas, capelanías e obras pías da Estrada (1567-1959)”