Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: A Esfarrapa
Outra denominación do ben: Castro da Esfarrapa ou Do Monte do Cristo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O castro atópase nunha cadea de montes que rodean a desembocadura do Tambre e os seus afluentes, o río Donas e o Tins. Segundo Mariño Reino o recinto ten forma oval, e mide aprox. 110 m. de radio menor e 120 m. de maior. Está defendido por un alto parapeto que mide polo leste máis de 3 m. de altura e nalgúns puntos sobrepasa os 4 m. Pola parte oeste ten un terraplén con desnivel de máis de 10 m., e que se fai de máis acusadas pendenters polo sur. Sobre o parapeto debeuse asentar unha empalizada de madeira pois non se aprecian estruturas de pedra, agás polo suroeste, que deberon servir de base a un torreón defensivo. O talude interrómpese en algúns momentos para dar acceso a varios camiños que o atravesan, pero orixinariamente só debeu ter unha entrada polo lado norte, flanqueada por dúas grosas torres para a súa mellor defensa, ambas de base cadrada, a xulgar polas formas de escuadra perceptibles nos amoreamentos de terra a cada lado da porta.
Domina unha ruta que vindo desde terras altas de Mazaricos e Negreira diríxese a aldea de Cando. Traxecto que chegou a ser Camiño Real en época medieval, e utilizado como ruta de peregrinación a Compostela. Hoxe esa ruta pasa bordeando a súa muralla. Esta ruta estaría perto do castelo de Insua (Outes) e de Nimo (Luaña) que dominan a desembocadura do Tambre. Cerca do Castro atopáronse a Estela de Cando e a Ara de Banzas, as dúas a 2,5 km. do castro e pola ruta antes indicada.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15062004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Patrimonio Hístorico -Artístico de Outes, Volume I, Xoán Mariño
I.S.B.N:84-8408-003-X, Santiago 1998
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.pdf
De la Iglesia González, Antonio. Cuadernos de Estudios Gallegos. ANEXO XXXIX. Madrid MMVIII.
Abaixo unha páxina do citado libro onde describe estruturas aínda visibles no castro
https://goo.gl/ejpv5q
Enlace ao mapa de “pendentes 2009” da páxina de descargas do Sitga (Xunta de Galicia):
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0093A-0807.pdf
(esquina esquerda da imaxe en topónimo “O Cristo”)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8642047693Lonxitude: -8.8944196701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Xuñ 12, 2011
O PXOM de Outes (2010) recolle este castro na ficha 4 do Catálogo: Castro de Monte do Cristo; pódese consultar a ficha coa delimitación en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.pdf
Luis do Rio says:
Ago 20, 2020
Saúdo!
A ubicación do castro axuda mais eu diría que non é precisa precisa.
Adxunto aquí as coordenadas que coido axudan máis a dar directamente con el.
Castro da Esfarrapa/Monte Cristo/ Santo Ourente:
Entrada por camiño (pertúrbao e atravésao): 42.862000,-8.892908
42.861787,-8.893858 (+- extremo Norte)
42.860559,-8.892855 (+- extremo Sur)