Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Aranga
Parroquia: Feás (San Pedro)
Lugar: A Aturela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A Igrexa de San Pedro de Feás ten planta rectangular e unha soa nave, destacando en planta e en alzado a ábsida e a sancristía, pois teñen menor altura e anchura. Os muros son de cantería e cachotería revestida. Así, todo o templo está pintado de branco agás a fachada principal e os enmarques dos vans. A cubrición é a dúas augas no corpo de naves e tres na sancristía.
A fachada principal remátase cunha espadana de dous corpos coroada con pináculos e unha cruz de ferro con cataventos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J. R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña. Aranga, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos, Vilasantar, Vol. XVI. Deputación Provincial da Coruña, 2001

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA001.pdf (p. 14)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (p. 3)

http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (p. 19)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.24604284897221
Lonxitude: -8.082225322723389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84