Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Brión
Parroquia: Xulián Luaña (San Xulián)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: San Xulián
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de San Xulián de Luaña é da época románica, do século XII. Na súa cabeceira gótica atópanse unhas pinturas murais que destacan neste concello pola escaseza deste tipo de manifestacións artíticas.
Este templo constaba de planta rectangular máis adoptou a planta de cruz latina xa a finais do século XVII. Na fachada de estilo neoclásico pódese observar unha imaxe de San Xulián.
O arco triunfal que está formado por arcos de medio punto e semicolumnas con capiteis de motivos vexetais son algúns dos elementos que a definen. No exterior pódese observar unha disposición típicamente medieval e nos laterais, contrafortes e arcos de medio punto. Esta igrexa conta cunha cruz procesional do 1844.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
As pinturas murais.
As pinturas, que estiveron tempo atrás ocultas polo retablo, representan tres escenas da Paixón de Cristo: o camiño do calvario, a crucifixión coa Virxe e San Xoán Evanxelista e a Piedade. Xunto aos altares laterais de estilo rococó que datan do 1766, destaca o do neno Xesús, cunha imaxe do século XVI.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Brión,Historia Economía Cultura Arte, Claudio González Pérez,
ISBN 84-89129-09-6, 1998
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Interior_da_igrexa_de_San_Xuli%C3%A1n_de_Lua%C3%B1a,_Bri%C3%B3n.jpg
http://www.infobrion.com/publico2/i_taller.php?id=892
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8519987996Lonxitude: -8.76200437546
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Xuñ 12, 2011
A Igrexa de San Xiao da Luaña está catalogada no PXOM de Brión (2003); máis información na ficha LR1 do Catálogo:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA017.pdf
FreeCat says:
Xuñ 12, 2011
Hola.
En la actualidad la advocación parroquial es San Xulián, según el nomenclátor de la Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp
Al igual que la parroquia, es Luaña y no A Luaña, por lo que no le encuentro sentido a la contracción “da”.
elixiovieites says:
Xuñ 13, 2011
Grazas polo apuntamento.
Ulmo de Arxila says:
Xuñ 17, 2011
O nome oficial é “Luaña”; porém, a forma local, utilizada polos vizinhos da zona, foi e segue a ser “A Luaña” (A Luanha). É um vestígio da denominaçom da antiga comarca ou território natural em que se encontrava situada esta parróquia, a antiga “Terra da Luanha”, de jeito que a parróquia recebeu a sua denominaçom em relaçom ao território máis amplo em que se topava (“igreja de Sam Juliám da Luanha”).