
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Pedro de Ancorados (San Pedro)
Lugar: Ventosela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Cruceiro de Ventosela érguese nunha encrucillada sobre unha pedra pouco traballada con forma troncopiramidal. O varal, co comezo e o remate cuadrangulares, é oitavado. Sobre o capitel, sinxelo e sen decoración, disponse a cruz latina florenzada sen ningunha imaxe.
Segundo Reimóndez Portela, o cruceiro estivo nunha carballeira próxima do veciño lugar de Brei ata que por mor da concentración parcelaria foi cambiado á situación actual.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel: “Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra”. Deputación Provincial de Pontevedra, 1985
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.715928Lonxitude: -8.403155
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Dec 15, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/360173901.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel. (1990). A Estrada rural. Ed: Excma. Diputación Provincial de Pontevedra.
Oscar Franco says:
Dec 15, 2022
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html