Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Aranga
Parroquia: Cambás (San Pedro)
Lugar: Os Caínzos - Serra da Loba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É un cruceiro de granito dos de tipo crucifixo que se sitúa ao lado da ermida de San Vitorio, na serra da Loba. Ten unha plataforma de dous chanzos e un pedestal cadrados. O varal ten chafrán na parte central e remata nunha moldura para unirse directamente á cruz posto que non hai capitel. A cruz presenta no anverso a imaxe de Cristo crucificado en baixorrelevo. Polo reverso, tamén en baixorrelevo, amosa á Virxe orando cas mans xuntas sobre unha peaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que tanto o cruceiro coma a ermida de San Vitorio foron construídos en 1560 por unha persoa devota sen descendencia. Cando morreu deixounos en herdanza a uns veciños do lugar e ca misión de celebrar unha romaría cada ano.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.

VEIGA FERREIRA, X.M. e SOBRINO CEBALLOS, J.: “As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás)”. Xanela, nº 12 (2ª Época), Outono 2001 (pp.13-15).

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA002.pdf (p. 6)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (p. 40)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.276107855297646
Lonxitude: -7.937477231025696
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84