Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O convento de San Domingos de Ribadavia foi construído no século XIII, en estilo gótico. O conxunto está constituído polo convento e a igrexa. A fundación do convento está vinculada ó apostolado de San Pedro Telmo. Foi ocupado pola Orde de Galicia sendo un dos máis antigos desta orde. O convento ten fachada neoclásica. A igrexa posúe tres naves, destacando exteriormente os vans góticos da ábsida, con moita semellanza coa tan célebre de Pontevedra.
A igrexa é de estilo oxival con restos do románico. Consta de tres grandes naves rematadas por tres capelas, que constitúen a súas ábsidas. No seus muros ábrense rasgados ventanais góticos e ten no interior altas e esveltas columnas, con capiteis decorados con figuras tomadas do reino vexetal e animal, entre eles, os de varios monstros.
Desa columna arrancan arcos apuntados na nave central, e de medio punto nas laterais, sobre as que descansa o teito de madeira de todas elas. A ábsida central ou capela maior forma un polígono de cinco lados na parte exterior, con dúas xanelas oxivais aximezadas, unha inferior e outra superior, en cada lado. As ábsidas laterais están tamén adornadas ó interior con fermosas columniñas cos seus correspondentes capiteis e teñen tres ventanais cada un.
É notable no evanxeo o frontal do altar, que é de pedra perfectamente tallada, formando un fermoso debuxo, que chama a atención de calquera observador. Remata a fachada cun Agnus Dei, unha cruz calada sobre un carneiro que lle sirve de base, e por debaixo do rosetón corre en todo ó longo desta unha imposta ou faixa.

Esta igrexa abre os domingos e cando hai cerimonias como enterros ou cabodanos, conservando unha serie de sepulcros no seu interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.recreatuviaje.com/ver.jsp?codigo=RTV|62


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2875528
Lonxitude: -8.1434964
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84