Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Outes
Parroquia: Entíns (Santa María)
Lugar: Serra de Outes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En 1694 o rei Carlos II nomea a Fernando Mariño de Lobeira como primeiro marqués da Serra de Outes. Este converteu as vellas ruínas do que fora unha fortaleza de altas ameas e rodeada dun foxo ao carón da ponte que cruzaba o río Tins, no pazo que hoxe podemos ver no centro do pobo. Construírase esta alá polo 1380 por Rui Soga Mariño de Lobeira, Pertigueiro maior da igrexa e Terra de Santiago. A fachada que da á ponte mide 19 m. de longo, 12 m. de ancho . A parede occidental é de menor altura debido a elevación da rúa, convertendo a primeira planta na realidade, nun soto. Sobre a porta do muro norte fixouse o escudo no que figuran os apelidos nobiliarios dos Mariños, Lobeiras, Sotomaior e Zúñiga. Da Fortaleza medieval fican a penas dúas paredes, nunha delas que da ao sur consérvase un arco de medio punto formado por grandes dovelas de pedra. Ver tamén : http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/03/escudo-do-pazo-da-serra/


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA011.pdf
(pax 1 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8432478683
Lonxitude: -8.9075678587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84