
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Outes
Parroquia: Entíns (Santo Ourente)
Lugar: Os Muíños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A ponte cruza o río Tins cerca da aldea dos Muíños e consta dun só arco de 11 metros de longo e unha altura de 5,5 metros. O Contrato para a súa construción asinárono Roque de Tuñas, pola representación dos veciños dos Muíños e o mestre de cantería Alberte Núñez o día 17 de xullo de 1746, na cantidade de 1000 ducados e poñendo os veciños a pedra labrada, coa que se executaría “un arco de oito varas de luz e 10 cuartas de ancho” nun prazo de tres meses. Por fortuna a ponte quedou salvada, fai uns anos, dun proxecto de ancheamento que contemplaba a eliminación de peitorís, instalación dunha placa de formigón e varandas de aluminio.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II,
Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA030.pdf
pax. 2 de 6
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8565881183Lonxitude: -8.91145706177
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xoan Freixós says:
Nov 28, 2018
Aínda que, en sí, non está cuberto por maleza, as árbores atopánse demasiado preto e chegan incluso a tocar a ponte coas ramas. Isto fai que a visibilidade da mesma sexa moito menor. Habería que facer algo para mellorar a súa situación e dignificar a ponte. Algo bó é que este ano levouse a cabo un adecentamento do camiño de terra que conecta a ponte coa serra de outes. A ver canto dura.