
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa románica de San Xoán foi construída a finais do século XII. Recibida por testamento no 1276 e 1294, na que existía unha cláusula de doazón ós clérigos e frades de San Xoán do Hospital de Ribadavia.
Os cabaleiros hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, chamados tamén de Rodas e de Malta, atopábanse estabelecidos en Ribadavia dende finais do século XII, coa súa igrexa e hospital anexos. Os cabaleiros da orde estabelecerían un hospital para atender os coidados dos numerosos peregrinos que naqueles tempos se dirixían a visitar o Santo Sepulcro do Apóstolo Santiago, os que ademais, segundo o seu instituto, debían defender e amparar nas súas viaxes, pois como orde militar, estes relixiosos á vida monástica, unían a militar no exercicio e profesión das armas, que esgrimían na defensa da fe e dos peregrinos.
Eran pois, monxes guerreiros, máis non sacerdotes, senón legos, e para os servizos espirituais tiñan un presbítero, e na freguesía existía un Priorato.
Na fachada desta igrexa atópase unha fermosa porta de arquivoltas de medio punto e aspecto militar con capiteis con motivos de follas, figuras e monstros. En vez de rosetón, como a de Santiago, nesta ábrese unha ornamental xanela de medio punto flanqueada polas súas correspondentes columnas. Alumean a súa nave catro xanelas de medio punto, idénticas ás que se conservan na fachada e os arcos das bóvedas que dividen o presbisterio en dous corpos, parecen descansar en soportes ou capiteis ornamentais.
Consta dunha soa ábsida de sillaría e coidada articulación a base de columnas, xanelas e cornixa con arquiños e canzorriños, e corpo cuberto por unha bóveda de medio canón, que declara a intelixencia do mestre.
O seu interior cóbrese con bóveda de canón sendo sobrio e elegante.
A reitoral sobre a que se pode ver a cruz labrada de oito puntas, símbolo da Orde, atópase unida á igrexa pola parte de atrás. Destaca no seu interior o retablo de San Miguel e a imaxe da Virxe das Angustias, patroa do barrio de San Xoán.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BERNÁRDEZ,Carlos L. e MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: «Bestiario en Pedra». Nigratea, 2004. (p. 238 )
CASTILLO LÓPEZ, Ángel del: «Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia». Barrié de la Maza, A Coruña 1987 (p. 498-499)
CHAMOSO LAMAS, Manuel, GonzÁlez, Victoriano e Bernardo Regal, “Galicia Románica”. Ediciones Encuentro, 1980. (p. 529)
COBREROS, Jaime: “El Románico en España”. Guías Periplo, 1993. (p. 724-725)
COBREROS, Jaime: “Guía del Románico en España. De la A a la Z, Anaya Touring Group, 2005. (p: 506-507)
ENLACES WEB
http://www.ribadavia.net/esp/patrim/iglesias/san_juan.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.28811576086811Lonxitude: -8.143492341041565
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84