Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O Barrio Xudeu é un conxunto único na Galiza. Os primeiros sefardís asentáronse en Ribadavia no século XI, en tempos do rei Don García, cando no ano 1063 estabelece a capital do reino en Ribadavia. Este feito impulsa a chegada de nobreza e das grandes fortunas da época, en mans dos xudeus. Estes, conscientes das posibilidades de negocio que existían, asentáronse na zona. Encargábanse dos asuntos financeiros do reino, e posteriormente do Señorío e Condado de Ribadavia.
Durante esa época de prosperidade, o aumento desta comunidade hebrea avanza espectacularmente, chegando ás 1500 persoas no ano 1386, a metade da poboación da vila. Ademais de grandes administradores, adicábanse ós traballos artesáns articulando o seu asentamento entre a Praza Maior e as murallas.
Neste perfecto grado de convivencia e co auxe da produción dos viñedos, a comarca do Ribeiro exporta os seus viños grazas ós contactos con distintos pobos sefardís en Europa. Esta convivencia queda demostrada no feito de que, aínda despois da expulsión dos xudeus polos Reis Católicos, moitos deles converteríanse ó cristianismo, chegando a posuír títulos de nobreza.
Cando os Reis Católicos ordenaron a expulsión da comunidade hebrea, moitos abandonaron os seus negocios e posesións, pero outros decidiron converterse. Os que permaneceron en Ribadavia, xa como católicos, contribuíron de forma decisiva para que a vila alcanzase o seu nivel de máximo esplendor económico entre os séculos XV e XVII. As súas ocupacións eran o comercio de viño e a administración de bens e rendas.

O Barrio Xudeu de Ribadavia, declarado Monumento Nacional, esténdese entre a Praza Maior e as murallas, ao redor da Porta Nova. Facendo un paseo por estas rúas comunicadas por estreitos calexóns semella que retrocedéramos séculos. Son construcións humildes, con fachadas perfectamente conservadas nas que sobresaen os voladizos. No interior teñen adegas, onde envasaban o viño ou facían as súas tarefas artesanais.

O centro do barrio é a Praza da Madalena onde se atopan os restos da Sinagoga, construída entre os séculos XII e XIII e que ocupaba toda a parte oeste da praza. Nesta atópase unha casa brasonada que funcionou como sinagoga, ata que en 1492 foi entregada ós dominicos. O escudo da fachada representa ás familias ás que pertenceron máis tarde. Tamén dentro do Barrio Xudeu atópase a igrexa da Madalena.

Polo seu pasado xudeu, Ribadavia forma parte xunto con outras sete cidades de España, da Ruta das Xuderías, coñecida como “Camiños de Sefarad”. As outras cidades son Cáceres, Córdoba, Girona, Hervás (Cáceres), Segovia, Toledo e Tudela (Navarra).

A influencia hebrea deixase sentir incluso hoxe. Varios estabelecementos seguen elaborando de forma artesanal doces xudeus, como o “kamisch-broit”, o “ma´amul” ou as “masiñas de mapoulas”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.agalicia.com/ribadavia/index.htm
http://www.recreatuviaje.com/ver.jsp?codigo=RTV|62


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.28746890196626
Lonxitude: -8.142451643943786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84