Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Quiroga (comarca) / Ribas de Sil
Parroquia: Ribas de Sil (San Clodio)
Lugar: San Clodio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Esta torre adosada á ábsida da Igrexa de San Clodio son os restos da vella Abadía, destruída polo paso do tempo e polo asalto e queima durante as loitas contra as tropas francesas fai dous séculos.
A torre ten base cadrada, de forma apenas troncopiramidal, e que destaca pola súa esbelteza, pois rebasa a altura do tellado do templo. Posiblemente as súas funcións fosen as de vixilancia e defensa do mosterio anexo. No seu interior e constatable a existenca de varios pisos e habitacións de reducido tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición conta que o motivo do asalto foi a asasinato dun capitán francés a mans dun guerrilleiro nacionalista.
Logo de morto o capitán, e como vinganza, os franceses queimaron e destruíron a aldea de Peites, a Igrexa e a Abadía de San Clodio.
Cóntase que nunha das súas celas a Inquisición aplicáballes aos reos máis recalcitrantes a tortura da goteira.
O preso quedaba de pé, inmobilizado por catro enormes cravos tremendamente aguzados, e sobre a súa cabeza pingaba ritmicamente
unha goteira de auga que chegaba a perforar a tapa do cranio e a podrecer os miolos.

Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.465031593468346
Lonxitude: -7.282304763793945
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84