Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Praza Maior, Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Pazo barroco que pertenceu á familia Sarmiento, que se estableceu nesta vila ó serlle concedido o señorío de Ribadavia e o título de “Adelantados Maiores do Reino de Galicia no ano 1375 polo rei Enrique II en favor de Pedro Ruiz Sarmiento.
Os Sarmiento conseguiron no ano 1476 o título de Condes de Ribadavia, concedido polos Reis Católicos polos servizos prestados durante a Reconquista. O título perdeuse no ano 1934 ó falecer o XVIII Conde, D. Ignacio Fenández de Henestrosa e Gayosos dos Covos.
O escudo de armas dos Sarmientos está formado por trece bezantes de ouro, destacando no brasón condal que se atopa na fachada principal tamén as armas dos Castro e Mendoza.
O pazo é unha fermosa obra barroca, con dous patios, un deles de distribución a diferentes dependencias, e outro porticado, gran beleza, cunha balconada artística e mirador ó río Miño. Ten outros balcóns e solainas dunha grande fermosura e numerosos escudos dos Sarmientos. Tamén destaca o pequeno edificio abovedado do antigo arquivo dos Condes de Ribadavia.
Actualmente acolle a oficina de turismo, máis o centro de Interpretación Xudea de Galicia, cunha exposición permanente onde o visitante pode comprende-la historia dos xudeos galegos dende a súa expulsión. Na parte superior un dos patios xa mencionados comunícanos por medio dunha porta co castelo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.ribadavia.travel/node/9
http://www.ribadavia.net/esp/patrim/pazo_condes.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2875528Lonxitude: -8.1434964
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84