Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Aranga
Parroquia: Muniferral (San Cristovo)
Lugar: Sisalde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de crucifixo feito en granito. Ten unha plataforma cuadrangular de tres gradas e un pedestal cúbico. Neste aparece unha placa de mármore coa data do ano de restauración e a seguinte lenda:
“Donado por los hijos de Lorenzo Dafonte y Ramona Fernández Dacosta. 1958”
Pola outra banda hai unha mesa adosada. Servía para pousar o ataúde mentres se rezaba polo defunto antes de ser enterrado.
O varal ten sección cadrada na base e despois faise octogonal. O capitel é cadrangular con media cana e soporta unha cruz de sección octogonal. No anverso aparece o Cristo crucificado con tres cravos. A cabeza está ergueita e leva coroa de espiñas. As mans tenas abertas e o pano de pureza non leva nós. Na parte superior da cruz hai un cartel de INRI con forma de pergameo.
No reverso aparece San Cristovo sobre unha peaña. A man dereita agarra un caxato e sobre o ombro esquerdo soporta o Neno que á súa vez porta a bóla do mundo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

MARTÍN RUIZ, L.: «Cruceiros na provincia da Coruña». Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.

PÁXINAS WEB

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA001.pdf (p. 6)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (p. 35)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.239184729890546
Lonxitude: -8.052431344985962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84