Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo. Rúa Areal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este monumental inmoble,do ano 1909, foi promovido polos indianos Manuel Rodríguez e Angelina Bonín que estiveran emigrados en Guayaquil (Ecuador). É unha das obras emblemáticas do eclecticismo de acentos franceses que caracteriza ao ensanche vigués. O edificio, que mantén na súa composición o reparto regular de vans, amosa un excelente tratamento granítico cunha espectacular e recargada ornamentacións que reflicte a perfección alcanzada polos mestres canteiros locais.

Está composto por un andar baixo e tres andares. As dúas fachadas do edificio articúlanse a través dun chafrán circular de gran profusión decorativa, do que destacan os arcos de medio punto sustentados por columnas clasicistas que se superpoñen á carpintería das fiestras, cada unha delas cun balcón enmarcado por pilastras almofadadas. No segundo andar sitúanse uns capiteis de deseño libre nos que aparecen enlazadas as letras M e A, as das iniciais dos propietarios: Manuel Rodríguez Rodríguez e Anxelina Bonín.

As fachadas ordénanse simetricamente a través dun pavillón central torreado e dous laterais que enmarcan os tramos intermedios, aínda que da fachada da rúa do Porto só se construíu unha parte.

Como é característico deste estilo, os andares singularízanse por un cambio na ornamentación de cada un deles, aparecen falsas claves, filigranas nas roscas dos arcos, máscaras de rostros monstruosos, grinaldas, etc.

A ornamentación é dun recargado barroquismo, e non queda ningún oco en toda a fachada sen decoración.

É unha das principais obras do autor na cidade que se conserva íntegra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238939526331215
Lonxitude: -8.716996908187866
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84