Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo centro
Lugar: Vigo. Rúa Colón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio amosa unha composición ecléctica, cun reparto regular de vans e unha ordenación simétrica na que se resaltan lixeiramente os tramos centrais e laterais. Sobre ese esquema introduce Jenaro de la Fuente Domínguez algúns detalles ornamentais modernistas que conviven con outros de filiación ecléctica. Dentro da ornamentación de gusto modernista destaca a composición do acceso principal e os arcos omega da planta primeira. O proceso constructivo foi complexo, posto que o 5 de maio de 1909 un incendio arruinou o inmoble cando se estaba a punto de rematar. As obras foron dirixidas polo afamado constructor Antonio González Romero. A fachada completouse en 1917 coa adición das bufardas laterais proxectadas por José Franco Montes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.236361947040415
Lonxitude: -8.720027804374695
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84